A Facultade de Humanidades da USC celebra a partir de mañá martes 19 ata o 22 deste mes de abril, a XII edición do Curso de Primavera, co patrocinio de Lugo Cultural.
O título Cultura e Humor evoca o ensaio do pensador friolés Celestino Fernández de la Vega "O segredo do humor" (1963).
Como indican os seus promotores trátase dunha temática o suficientemente ampla como para poder ser abordada de xeito interdisciplinar polo conxunto de áreas representadas nesa Facultade, a única definida como interdisciplinar en toda a USC.
Novamente Cilistro e a súa obra volve vertebrar unhas xornadas culturais na capital luguesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario