venres, 19 de setembro de 2014

Actos arredor do centenario de Celestino Fernández de la Vega

Con motivo do centenario do  nacemento do filósofo friolés (nacido o 23 de setembro de 1914), vanse desenvolver na capital da provincia e en Friol unha serie de actos patrocinados pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, os museos da Rede Museística Provincial e as Facultades de Humanidades e Formación do Profesorado.
Baixo o título xenérico de "Celestino Fernández de la Vega: mestre lucense nun tempo de sombras" vanse realizar os seguintes actos que cronolóxicamente pasamos a citar:
O 23 de setembro na sala multiusos do Museo Provincial: "Cilistro na memoria viva de Lugo" a partir das 18 h. 
O 27 de setembro no Museo de San Paio a partir das 19 h. a revista oral Castronela dedicarase monograficamente a Celestino baixo o título "Cilistro na revista oral Castronela". 
Neste número intervirán: Ramón López Vázquez, Alfonso Blanco Torrado, Higinio Martínez Fernández de la Vega, Lois Pérez e a viúva do pensador, dona Mª Luisa Maceda. A xove violonchelista lucense Paula Rancaño encargarase da parte musical.

O 21 e 22 de novembro, no Museo Provincial: "Tempo e pensamento de Celestino Fernández de la Vega" ( o 21 de novembro de 16:00 a 19:30 h. e o 22 de de 10:00 a 14:00 h.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario